martes, 25 de xuño de 2019

Sesión final de avaliación do prpxecto

Como actividade final, pedíuse ao alumnado que elixise un dos valores traballados ao longo deste proxecto e que, por grupos, representasen o que significaba para eles. Nas seguintes imaxes amosamos algúns dos resultados
COMPAÑEIRISMO

ESFORZO

IGUALDADE

XOGO LIMPO
.

domingo, 7 de abril de 2019

Charla sobre voluntariado.

O pasado martes día 2 de abril, o alumnado de 1º, dentro do noso plan proxecta, participou nunha charla sobre voluntariado coa Fundación Amigos de Galicia. Unha charla moi interesante sobre o que supón ser voluntario, sobre a solidaridade e a empatía.
Aquí vos deixamos algunas fotos.



 
 
 

Concurso de debuxo sobre os Dereitos Humanos do Defensor del Pueblo

Algunhas das nosas alumnas (Leire e Ariadna) animáronse a participar no concurso de debuxo que sobre os Dereitos Humanos, El Defensor del Pueblo convoca cada ano. Desexámoslles moita sorte!!!
 
 

venres, 29 de marzo de 2019

Charla da Fundación Celta Integra

Onte asistimos a una charla moi interesante cos membros do equipo técnico do Celta Integra, equipo pertencente ao Real Club Celta de Vigo, formado enteiramente por discapacitados psíquicos.
Diego, Fran Díaz e Álex Abalde, contáronnos como xurdíu este proxecto social e o que está supoñendo nas súas vidas e sobre todo na vida dos xogadores e dos seus familiares.
Foi una charla, en palabras do noso alumnado, emocionante e moi interesante e que servíu para seguir interrogándonos sobre o concepto de discapacidade, igualdade, inclusión, respecto...
A fotografía serve para ilustrar este comentario.

Charla da Fundación Celta Integra


venres, 1 de marzo de 2019

Igualdade, Tolerancia, Empatía

Tralo visionado da película Campeones, tocou porse no lugar dos protagonistas. O alumnado, simulando sofrir discapacidade visual (visión só por un ollo) e física (disficultades no desprazamento) tivo que realizar una sesión completa de Educación Física. Ó final comentamos as dificultades atopadas e falamos do significado da tolerancia e da igualdade no deporte. A actividade resultou, interesante, motivadora e sobre todo, formativa. Aqueí vos deixo algunas imaxes desta sesión.
 




 

Sesión final de avaliación do prpxecto

Como actividade final, pedíuse ao alumnado que elixise un dos valores traballados ao longo deste proxecto e que, por grupos, representasen ...