Amosando publicacións coa etiqueta grupos TEI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta grupos TEI. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de maio de 2018

Éxito da carreira solidaria e non competitiva Alma e Nico

A carreira Alma e Nico foi todo un éxito. Un éxito de participación (80 persoas entre alumnado, profesorado, persoal non docente, membros do Refuxio de Cambados..), de organización grazas á boa organización do alumnado de 4ºB, e está sendo tamén, un éxito de recadación.
Amosámosvos algunhas fotografías do evento.
O próximo venres faremos entrega do recadado ao Refuxio de Cambados.
Grazas a tódolos participantes pola solidaridade amosada e parabéns aos alumnos de 4º B!!!!




mércores, 16 de maio de 2018

Bases da carreira solidaria

Xa queda menos!!!
O próximo venres día 18, a comunidade educativa do IES As Bizocas amosará a súa solidaridade, participando nesta carreira non competitiva e solidaria. Estas son as bases elaboradas polo alumnado de 4ºESO B para poder participar.


mércores, 7 de marzo de 2018

OS DEREITOS DA INFANCIA

Trala exposición As miradas da Infancia, os grupos TEI do centro estiveron traballando ao longo de tres sesións, os Dereitos da Infancia, coñecendo estes dereitos, elixindo un deles e expresando a través dun debuxo, dunha narración, dunha canción... o que o dereito elixido significaba e expresaba. Aquí vos deixamos unhas fotografías que recollen este  traballo.











Sesión final de avaliación do prpxecto

Como actividade final, pedíuse ao alumnado que elixise un dos valores traballados ao longo deste proxecto e que, por grupos, representasen ...