Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos Humanos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos Humanos. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de abril de 2019

Charla sobre voluntariado.

O pasado martes día 2 de abril, o alumnado de 1º, dentro do noso plan proxecta, participou nunha charla sobre voluntariado coa Fundación Amigos de Galicia. Unha charla moi interesante sobre o que supón ser voluntario, sobre a solidaridade e a empatía.
Aquí vos deixamos algunas fotos.



 
 
 

venres, 1 de marzo de 2019

Igualdade, Tolerancia, Empatía

Tralo visionado da película Campeones, tocou porse no lugar dos protagonistas. O alumnado, simulando sofrir discapacidade visual (visión só por un ollo) e física (disficultades no desprazamento) tivo que realizar una sesión completa de Educación Física. Ó final comentamos as dificultades atopadas e falamos do significado da tolerancia e da igualdade no deporte. A actividade resultou, interesante, motivadora e sobre todo, formativa. Aqueí vos deixo algunas imaxes desta sesión.
 




 

domingo, 20 de xaneiro de 2019

ACCIÓN BIZOCAS, CURSO 2018-2019

Neste curso centraremos o noso proxecto de educación en valores, no alumnado de 1º ESO neste segundo trimestre. Con eles pretendemos relacionar os Dereitos Humanos cos valores educativos que ten o xogo cooperativo  e os  deportes de cooperación. 
Empezamos preguntándolle ao alumnado que son os valores, cales coñecían, explicando o significado dos valores que ían dicindo e facendo unha sesión de traballo ao redor dalgúns destes valores (respecto, tolerancia, compañeirismo, igualdade, xogo limpo, ....) cos que xogamos en equipos ao 3 en raia para logo "escribilos" co corpo. Aquí vos deixo algunha imaxe desa 1ª sesión.





Sesión final de avaliación do prpxecto

Como actividade final, pedíuse ao alumnado que elixise un dos valores traballados ao longo deste proxecto e que, por grupos, representasen ...