Amosando publicacións coa etiqueta carreira solidaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta carreira solidaria. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de maio de 2018

Bases da carreira solidaria

Xa queda menos!!!
O próximo venres día 18, a comunidade educativa do IES As Bizocas amosará a súa solidaridade, participando nesta carreira non competitiva e solidaria. Estas son as bases elaboradas polo alumnado de 4ºESO B para poder participar.


venres, 11 de maio de 2018

Cartel da carreira

Este venres o alumnado de 4ºB deunos a coñecer o bonito cartel que deseñaron para divulgar a carreira solidaria e non competitiva que están organizando para celebrar o Día das Letras Galegas. A carreira leva por nome Alma e Nico, nomes dos cans da escritora María Victoria Moreno, homenaxeada este ano.
Os cartos recadados irán destinados á protectora de animais de Cambados, debido ao grande amor que María Victoria Moreno sentía polos animais.
Un sonoro aplauso para estes alumn@s polo bo traballo que están a realizar!!!


Sesión final de avaliación do prpxecto

Como actividade final, pedíuse ao alumnado que elixise un dos valores traballados ao longo deste proxecto e que, por grupos, representasen ...