Toda unha mostra de solidaridade da comunidade educativa do noso centro!!! Parabéns!!!
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas b>. Amosar todas as publicacións
venres, 25 de maio de 2018
Entrega recadación carreira solidaria
Hoxe, unha representación do alumnado de 4ºB, fixo entrega á Protectora de animais de Cambados, dos 328,50€ recadados na carreira solidaria Alma e Nico.
Toda unha mostra de solidaridade da comunidade educativa do noso centro!!! Parabéns!!!
Toda unha mostra de solidaridade da comunidade educativa do noso centro!!! Parabéns!!!
mércores, 23 de maio de 2018
Éxito da carreira solidaria e non competitiva Alma e Nico
A carreira Alma e Nico foi todo un éxito. Un éxito de participación (80 persoas entre alumnado, profesorado, persoal non docente, membros do Refuxio de Cambados..), de organización grazas á boa organización do alumnado de 4ºB, e está sendo tamén, un éxito de recadación.
Amosámosvos algunhas fotografías do evento.
O próximo venres faremos entrega do recadado ao Refuxio de Cambados.
Grazas a tódolos participantes pola solidaridade amosada e parabéns aos alumnos de 4º B!!!!

mércores, 16 de maio de 2018
Bases da carreira solidaria
Xa queda menos!!!
O próximo venres día 18, a comunidade educativa do IES As Bizocas amosará a súa solidaridade, participando nesta carreira non competitiva e solidaria. Estas son as bases elaboradas polo alumnado de 4ºESO B para poder participar.

venres, 11 de maio de 2018
Cartel da carreira
Este venres o alumnado de 4ºB deunos a coñecer o bonito cartel que deseñaron para divulgar a carreira solidaria e non competitiva que están organizando para celebrar o Día das Letras Galegas. A carreira leva por nome Alma e Nico, nomes dos cans da escritora María Victoria Moreno, homenaxeada este ano.
Os cartos recadados irán destinados á protectora de animais de Cambados, debido ao grande amor que María Victoria Moreno sentía polos animais.
Un sonoro aplauso para estes alumn@s polo bo traballo que están a realizar!!!

mércores, 9 de maio de 2018
Artigo carreira solidaria
Hoxe no Diario de Arousa publicouse o artigo que o alumnado do Departamento de Documentación de 4ºESO B enviou para informar da carreira solidaria e non competitiva que están a organizar para celebrar o día das Letras Galegas. Aquí vos deixo o artigo.
martes, 24 de abril de 2018
Día das Letras Galegas. Carreira solidaria e non competitiva
O alumnado de 4º ESO B está a organizar unha carreira solidaria e non competitiva para toda a comunidade educativa, a desenvolverse no noso IES o día 18 de maio, como homenaxe a María Victoria Moreno, escritora protagonista desta data no ano 2018.
Seguiremos informando en vindeiras entradas.....
Seguiremos informando en vindeiras entradas.....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Sesión final de avaliación do prpxecto
Como actividade final, pedíuse ao alumnado que elixise un dos valores traballados ao longo deste proxecto e que, por grupos, representasen ...
-
O alumnado de 1º ESO amosou o seu rexeitamento á violencia contra as mulleres, formando un gran lazo morado no patio do centro . Bravo por ...
-
A carreira Alma e Nico foi todo un éxito. Un éxito de participación (80 persoas entre alumnado, profesorado, persoal non docente, membros do...
-
Hoxe no Diario de Arousa publicouse o artigo que o alumnado do Departamento de Documentación de 4ºESO B enviou para informar da carreira sol...