venres, 25 de maio de 2018

Entrega recadación carreira solidaria

Hoxe, unha representación do alumnado de 4ºB, fixo entrega á Protectora de animais de Cambados, dos 328,50€ recadados na carreira solidaria Alma e Nico.
Toda unha mostra de solidaridade da comunidade educativa do noso centro!!! Parabéns!!!






mércores, 23 de maio de 2018

Éxito da carreira solidaria e non competitiva Alma e Nico

A carreira Alma e Nico foi todo un éxito. Un éxito de participación (80 persoas entre alumnado, profesorado, persoal non docente, membros do Refuxio de Cambados..), de organización grazas á boa organización do alumnado de 4ºB, e está sendo tamén, un éxito de recadación.
Amosámosvos algunhas fotografías do evento.
O próximo venres faremos entrega do recadado ao Refuxio de Cambados.
Grazas a tódolos participantes pola solidaridade amosada e parabéns aos alumnos de 4º B!!!!




mércores, 16 de maio de 2018

Bases da carreira solidaria

Xa queda menos!!!
O próximo venres día 18, a comunidade educativa do IES As Bizocas amosará a súa solidaridade, participando nesta carreira non competitiva e solidaria. Estas son as bases elaboradas polo alumnado de 4ºESO B para poder participar.


venres, 11 de maio de 2018

Cartel da carreira

Este venres o alumnado de 4ºB deunos a coñecer o bonito cartel que deseñaron para divulgar a carreira solidaria e non competitiva que están organizando para celebrar o Día das Letras Galegas. A carreira leva por nome Alma e Nico, nomes dos cans da escritora María Victoria Moreno, homenaxeada este ano.
Os cartos recadados irán destinados á protectora de animais de Cambados, debido ao grande amor que María Victoria Moreno sentía polos animais.
Un sonoro aplauso para estes alumn@s polo bo traballo que están a realizar!!!


mércores, 9 de maio de 2018

Artigo carreira solidaria

Hoxe no Diario de Arousa publicouse o artigo que o alumnado do Departamento de Documentación de 4ºESO B enviou para informar da carreira solidaria e non competitiva que están a organizar para celebrar o día das Letras Galegas. Aquí vos deixo o artigo.

martes, 24 de abril de 2018

Día das Letras Galegas. Carreira solidaria e non competitiva

O alumnado de 4º ESO B está a organizar unha carreira solidaria e non competitiva para toda a  comunidade educativa, a desenvolverse no noso IES o día 18 de maio, como homenaxe  a María Victoria Moreno, escritora protagonista desta data no ano 2018.
Seguiremos informando en vindeiras entradas.....


venres, 23 de marzo de 2018

Conmemoración do Día Internacional dos Dereitos do Consumidor

Para conmemorar esta data, centrámonos en traballar o dereito do consumidor "Dereito á información e á educación",  tentando que o noso alumnado fose consciente da información que as etiquetas do calzado e da ropa que utilizan lles proporciona ( marca da roupa / calzado e lugar onde se fixo), pero tamén tentando desenvolver o seu pensamento crítico, facéndolles ver e entender a información que esas mesmas etiquetas, non nos dan. Para elo levamos a cabo dúas actividades en colaboración ca organización Amarante Setem;  unha exposición chamada "Nos teus zapatos", dedicada á elaboración do calzado de coiro en Bangladesh, que denuncia as condicións laborais dos traballadores nese país (onde moitas das marcas de roupa e calzado máis populares entre o noso alumnado, fabrican), e unha charla sobre consumo responsable.
Aquí vos deixamos unhas imaxes desta exposición e desta charla.


mércores, 7 de marzo de 2018

OS DEREITOS DA INFANCIA

Trala exposición As miradas da Infancia, os grupos TEI do centro estiveron traballando ao longo de tres sesións, os Dereitos da Infancia, coñecendo estes dereitos, elixindo un deles e expresando a través dun debuxo, dunha narración, dunha canción... o que o dereito elixido significaba e expresaba. Aquí vos deixamos unhas fotografías que recollen este  traballo.











venres, 2 de febreiro de 2018

Inauguración da exposición "As miradas da infancia"

Hoxe, en colaboración ca Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra,  inauguramos a exposición "As miradas da infancia", da ilustradora Sandra Martínez Iglesias. Unha serie de 24 láminas nas que a ilustradora ofrece a súa particular mirada sobre os Dereitos da Infancia, acompañadas dos traballos que en torno a estos dereitos fixeron alumnos da Facultade de Ciencias da Educación.
A exposición foi inaugurada polo profesor desta facultade, Don Jorge Soto Carballo, quen foi presentado pola nosa directora, Dona Nieves Álvarez.
Deixámovos unhas imaxes deste bonito acto.


mércores, 31 de xaneiro de 2018

Día da paz

Diferentes membros da nosa comunidade educativa (dous alumnos, dous profesores, unha nai e un membro do persoal  non docente) leron un manifesto titulado "NON",  a través do cuxa lectura se manifestou o compromiso da nosa comunidade cunha educación para a paz, tolerante e respectuosa.
Amosámosvos o manifesto lido, así como algunha fotografía do acto.





Solidaridade no Nadal

Imaxe dos alimentos que se lograron recadar para a ONG Amigos de Galicia, a través da iniciativa "Un libro por un alimento", na que o alumnado, aportando algún alimento, podía levarse un libro doado pola biblioteca, polo profesorado e/ou polo propio alumnado. Grazas a tod@s pola vosa solidaridade!!!




CONMEMORACIÓN DO 25N

O alumnado de 1º ESO amosou  o seu rexeitamento á violencia contra as mulleres, formando un gran lazo morado no patio do centro . Bravo por eles!!!



Sesión final de avaliación do prpxecto

Como actividade final, pedíuse ao alumnado que elixise un dos valores traballados ao longo deste proxecto e que, por grupos, representasen ...