Para conmemorar esta data, centrámonos en traballar o dereito do consumidor "Dereito á información e á educación", tentando que o noso alumnado fose consciente da información que as etiquetas do calzado e da ropa que utilizan lles proporciona ( marca da roupa / calzado e lugar onde se fixo), pero tamén tentando desenvolver o seu pensamento crítico, facéndolles ver e entender a información que esas mesmas etiquetas, non nos dan. Para elo levamos a cabo dúas actividades en colaboración ca organización Amarante Setem; unha exposición chamada "Nos teus zapatos", dedicada á elaboración do calzado de coiro en Bangladesh, que denuncia as condicións laborais dos traballadores nese país (onde moitas das marcas de roupa e calzado máis populares entre o noso alumnado, fabrican), e unha charla sobre consumo responsable.
Aquí vos deixamos unhas imaxes desta exposición e desta charla.
venres, 23 de marzo de 2018
mércores, 7 de marzo de 2018
OS DEREITOS DA INFANCIA
Trala exposición As miradas da Infancia, os grupos TEI do centro estiveron traballando ao longo de tres sesións, os Dereitos da Infancia, coñecendo estes dereitos, elixindo un deles e expresando a través dun debuxo, dunha narración, dunha canción... o que o dereito elixido significaba e expresaba. Aquí vos deixamos unhas fotografías que recollen este traballo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Sesión final de avaliación do prpxecto
Como actividade final, pedíuse ao alumnado que elixise un dos valores traballados ao longo deste proxecto e que, por grupos, representasen ...

-
O alumnado de 1º ESO amosou o seu rexeitamento á violencia contra as mulleres, formando un gran lazo morado no patio do centro . Bravo por ...
-
O alumnado inscrito no proxecto Acción Bizocas, puido disfrutar onte do visionado da película Campeones e reflexionar sobre os valores de ...
-
Hoxe no Diario de Arousa publicouse o artigo que o alumnado do Departamento de Documentación de 4ºESO B enviou para informar da carreira sol...