venres, 25 de maio de 2018

Entrega recadación carreira solidaria

Hoxe, unha representación do alumnado de 4ºB, fixo entrega á Protectora de animais de Cambados, dos 328,50€ recadados na carreira solidaria Alma e Nico.
Toda unha mostra de solidaridade da comunidade educativa do noso centro!!! Parabéns!!!






mércores, 23 de maio de 2018

Éxito da carreira solidaria e non competitiva Alma e Nico

A carreira Alma e Nico foi todo un éxito. Un éxito de participación (80 persoas entre alumnado, profesorado, persoal non docente, membros do Refuxio de Cambados..), de organización grazas á boa organización do alumnado de 4ºB, e está sendo tamén, un éxito de recadación.
Amosámosvos algunhas fotografías do evento.
O próximo venres faremos entrega do recadado ao Refuxio de Cambados.
Grazas a tódolos participantes pola solidaridade amosada e parabéns aos alumnos de 4º B!!!!




mércores, 16 de maio de 2018

Bases da carreira solidaria

Xa queda menos!!!
O próximo venres día 18, a comunidade educativa do IES As Bizocas amosará a súa solidaridade, participando nesta carreira non competitiva e solidaria. Estas son as bases elaboradas polo alumnado de 4ºESO B para poder participar.


venres, 11 de maio de 2018

Cartel da carreira

Este venres o alumnado de 4ºB deunos a coñecer o bonito cartel que deseñaron para divulgar a carreira solidaria e non competitiva que están organizando para celebrar o Día das Letras Galegas. A carreira leva por nome Alma e Nico, nomes dos cans da escritora María Victoria Moreno, homenaxeada este ano.
Os cartos recadados irán destinados á protectora de animais de Cambados, debido ao grande amor que María Victoria Moreno sentía polos animais.
Un sonoro aplauso para estes alumn@s polo bo traballo que están a realizar!!!


mércores, 9 de maio de 2018

Artigo carreira solidaria

Hoxe no Diario de Arousa publicouse o artigo que o alumnado do Departamento de Documentación de 4ºESO B enviou para informar da carreira solidaria e non competitiva que están a organizar para celebrar o día das Letras Galegas. Aquí vos deixo o artigo.

Sesión final de avaliación do prpxecto

Como actividade final, pedíuse ao alumnado que elixise un dos valores traballados ao longo deste proxecto e que, por grupos, representasen ...