Hoxe, en colaboración ca Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, inauguramos a exposición "As miradas da infancia", da ilustradora Sandra Martínez Iglesias. Unha serie de 24 láminas nas que a ilustradora ofrece a súa particular mirada sobre os Dereitos da Infancia, acompañadas dos traballos que en torno a estos dereitos fixeron alumnos da Facultade de Ciencias da Educación.
A exposición foi inaugurada polo profesor desta facultade, Don Jorge Soto Carballo, quen foi presentado pola nosa directora, Dona Nieves Álvarez.
Deixámovos unhas imaxes deste bonito acto.
venres, 2 de febreiro de 2018
mércores, 31 de xaneiro de 2018
Día da paz
Diferentes membros da nosa comunidade educativa (dous alumnos, dous profesores, unha nai e un membro do persoal non docente) leron un manifesto titulado "NON", a través do cuxa lectura se manifestou o compromiso da nosa comunidade cunha educación para a paz, tolerante e respectuosa.
Amosámosvos o manifesto lido, así como algunha fotografía do acto.
Amosámosvos o manifesto lido, así como algunha fotografía do acto.
Solidaridade no Nadal
Imaxe dos alimentos que se lograron recadar para a ONG Amigos de Galicia, a través da iniciativa "Un libro por un alimento", na que o alumnado, aportando algún alimento, podía levarse un libro doado pola biblioteca, polo profesorado e/ou polo propio alumnado. Grazas a tod@s pola vosa solidaridade!!!
CONMEMORACIÓN DO 25N
O alumnado de 1º ESO amosou o seu rexeitamento á violencia contra as mulleres, formando un gran lazo morado no patio do centro . Bravo por eles!!!
venres, 26 de xaneiro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Sesión final de avaliación do prpxecto
Como actividade final, pedíuse ao alumnado que elixise un dos valores traballados ao longo deste proxecto e que, por grupos, representasen ...






