xoves, 14 de febreiro de 2019

Campeones

O alumnado inscrito no proxecto Acción Bizocas, puido disfrutar onte do visionado da película Campeones e reflexionar sobre os valores de igualdade, tolerancia, compañeirismo que se deben traballar a través do deporte.... Así como falar de que entendemos por dis-capacidade.
 
 


 
 
Tras ver a película, do alumnado saíron reflexións moi interesantes como: "xuntos traballamos mellor", "non hai que fixarse no físico, se non que hai que mirar no interior", " o importante non é gañar", "todos temos medos que nos limitan" ,"os medos están para ser superados", "todos temos algo no que non somos bos, algún medo que nos incapacita", "Discapacidade = diferentes capacidades", "todos somos discapacitados".
 
 
"Hay películas que te hacen reír, otras que te hacen llorar, pero también hay películas que te hacen pensar y cambiar la forma en la que afrontas la vida. Campeones nos cuenta la historia de un grupo de personas extraordinarias para las que ganar no siempre es una prioridad. Gracias a su amor por el deporte, nos enseñan una bella lección sobre la deportividad, el trabajo duro, el trabajo en equipo y cómo 'normal' es una palabra muy relativa. Una cinta 100% española con unos valores 100% universales." (Pau Gasol, 2018)
 

 

luns, 4 de febreiro de 2019

Celebrando o Día Internacional da Paz e a NON Violencia

Os diferentes cursos de 1º decidiron amosalo seu rexeitamento a todo tipo de violencia e a súa aposta pola resolución pacífica de conflitos, sacándolle unha tarxeta vermella á violencia. Aquí vos deixamos alguna proba do feito.
 

 

mércores, 30 de xaneiro de 2019

ENQUISA SOBRE DILEMAS MORAIS

Como parte do proxecto Acción Bizocas, o alumnado de 1º tivo que amosar os seus coñecementos sobre os Dereitos da Infancia, tendo que responder a una serie de dilemas morais. Aquí vos deixamos algunas imaxes desta actividade, que fixo pensar e moito,  ao alumnado ¿Qué facer, que non facer...?   😔 😌
 



 

domingo, 20 de xaneiro de 2019

ACCIÓN BIZOCAS, CURSO 2018-2019

Neste curso centraremos o noso proxecto de educación en valores, no alumnado de 1º ESO neste segundo trimestre. Con eles pretendemos relacionar os Dereitos Humanos cos valores educativos que ten o xogo cooperativo  e os  deportes de cooperación. 
Empezamos preguntándolle ao alumnado que son os valores, cales coñecían, explicando o significado dos valores que ían dicindo e facendo unha sesión de traballo ao redor dalgúns destes valores (respecto, tolerancia, compañeirismo, igualdade, xogo limpo, ....) cos que xogamos en equipos ao 3 en raia para logo "escribilos" co corpo. Aquí vos deixo algunha imaxe desa 1ª sesión.





venres, 25 de maio de 2018

Entrega recadación carreira solidaria

Hoxe, unha representación do alumnado de 4ºB, fixo entrega á Protectora de animais de Cambados, dos 328,50€ recadados na carreira solidaria Alma e Nico.
Toda unha mostra de solidaridade da comunidade educativa do noso centro!!! Parabéns!!!






mércores, 23 de maio de 2018

Éxito da carreira solidaria e non competitiva Alma e Nico

A carreira Alma e Nico foi todo un éxito. Un éxito de participación (80 persoas entre alumnado, profesorado, persoal non docente, membros do Refuxio de Cambados..), de organización grazas á boa organización do alumnado de 4ºB, e está sendo tamén, un éxito de recadación.
Amosámosvos algunhas fotografías do evento.
O próximo venres faremos entrega do recadado ao Refuxio de Cambados.
Grazas a tódolos participantes pola solidaridade amosada e parabéns aos alumnos de 4º B!!!!




mércores, 16 de maio de 2018

Bases da carreira solidaria

Xa queda menos!!!
O próximo venres día 18, a comunidade educativa do IES As Bizocas amosará a súa solidaridade, participando nesta carreira non competitiva e solidaria. Estas son as bases elaboradas polo alumnado de 4ºESO B para poder participar.


Sesión final de avaliación do prpxecto

Como actividade final, pedíuse ao alumnado que elixise un dos valores traballados ao longo deste proxecto e que, por grupos, representasen ...